Vistas de página en total

viernes, 3 de octubre de 2014

DAVID FOSTER WALLACE... ESTO ES AGUA

Na última semana atopeime ata tres veces en distintos lugares referencias varias ao discurso que David Foster Wallace deu en 2005 aos estudantes recén licenciados do Kenyon College. Intrigado, botei man de google e púxenme a ler.

No comezo da charla cita a xa célebre historia dos peixes:

“Van dous peixes novos nadando unha mañá e ao pouco atopan outro peixe vello que, ao cruzarse con eles, saúdaos e dilles: "bos días, rapaces, que, como está hoxe a auga?". Os dous peixes novos seguen nadando e ao rato un párase e pregúntalle ao outro: "que coño é a auga"?”

Pouco a pouco DFW vai entrando na cuestión da vida que lles agarda aos recén graduados. O eixe do seu discurso é ese auga que, na axitación e o apuro da vida cotiá xa non vemos, o que el chama "a nosa configuración por defecto" que pon o "eu" por diante de todo todo o rato.

"Como estou seguro que xa sabedes, é extremadamente difícil permanecer alerta e atento en lugar de caer hipnotizado polo constante monólogo desenvolvido dentro da túa cabeza (o que quizá estea a suceder agora mesmo). Vinte anos despois da miña gradación, entendín paulatinamente que o tópico das Artes Liberais de que che ensinan como pensar é en realidade un atallo cara a unha idea moito máis seria e profunda: aprender como pensar significa realmente como exercer control sobre como e que pensas. O que significa ser o bastante consciente para elixir a que prestas atención e como construír significado desde a experiencia. Porque se non es capaz de facer este tipo de elección cando es adulto, estarás totalmente colgado. Pensade sobre o vello tópico que di que, entre comiñas, a mente é un empregado excelente pero un amo terrible.

Este, como moitos tópicos, tan banais e aburridos superficialmente, en realidade expresa unha importante e terrible verdade. Que non é casual que os adultos que se suicidan con armas de fogo case sempre se peguen un tiro en... a cabeza. Péganlle un tiro ao amo terrible. E a verdade é que a maioría destes suicidas en realidade estaban mortos moito antes de que apertasen o gatillo."

De aí en adiante avanza nunha reflexión descarnada sobre como afrontamos as inclemencias o día a día e como escollemos, para poñernos a salvo delas, adorar certo tipo de cousas e pousar nelas a nosa atención:

"[...] Vós decidides conscientemente o que ten significado e o que non. Vós decidides que adorar.

Porque aquí hai outro asunto máis que é estraño pero certo: nas trincheiras do día a día da vida adulta, en realidade non hai nada semellante ao ateísmo. Non hai nada que non implique adoración. [...] Se adorades o diñeiro e as cousas materiais, se para vós están onde sentides o significado real da vida, entón nunca teredes bastante, nunca sentiredes que tedes bastante. Esa é a verdade. Adorade o voso corpo e a vosa beleza e o voso atractivo sexual e sempre vos sentiredes feos. E cando o tempo e a idade comecen a mostrarse, morreredes un millón de mortes antes de que finalmente sintádela. A un nivel básico, todos sabemos xa estas cousas. Están codificadas como mitos, proverbios, tópicos, epigramas e parábolas; o esqueleto de toda gran historia. O truco está en manter a verdade á fronte da nosa consciencia todos os días.

Adorade o poder e terminaredes sentíndovos débiles e medorentos, e necesitaredes mesmo máis poder sobre os demais para librarvos do voso propio medo. Adorade vosa intelixencia, adorade ser vistos como xente intelixente, e terminaredes sentíndovos estúpidos, fraudes, sempre a piques de ser descubertos. Pero o insidioso destas clases de adoración non é que sexan perversas ou pecaminosas, é que son inconscientes. Son configuracións por defecto.

Son a clase de adoración na que te deslizas gradualmente, día tras día, sendo cada vez máis e máis selectivo respecto do que ves e como o valoras sen nunca ser totalmente consciente de que iso é o que estás a facer."

E, finalmente, liga todo isto coa idea de liberdade e a educación, e as súas conclusións son do tipo das evidencias que sabemos que sabemos pero preferimos deixar de lado:

"O tipo realmente importante de liberdade implica atención e consciencia e disciplina, e ser capaz de preocuparse verdadeiramente por outras persoas e sacrificarse por elas unha e outra vez nunha miríada de maneiras pequenas e nada atractivas todos os días.

Esa é a liberdade real. Iso é ser educado, e entender como pensar. A alternativa é a inconsciencia, a configuración inicial, as ratas á carreira, a corrosiva sensación constante de ter posuído, e perdido, algunha cousa infinita.
[...]
Trátase do valor real dunha educación real, que non ten case nada que ver co coñecemento, e todo coa simple consciencia; consciencia do que é tan real e esencial, tan oculto e á vista de todos nós, que temos que lembrárnolo unha e outra vez:

"Isto é auga".

"Isto é auga".

É inimaxinablemente difícil facelo, estar alerta e vivo no día a día do mundo adulto exterior. O que aínda significa que outro tópico resulta ser certo: a vosa educación en realidade É o traballo de toda unha vida. E comeza agora."

Unha rata á carreira. Touchè.

martes, 23 de septiembre de 2014

Ser tacaño es...

Vamos primero a darle al play, para enseñar a estos tacaños, el sentido de dar las gracias...

Tacaño es quien no comparte lo que tiene, lo que siente o lo que sabe por si acaso se le agota...

...ser tacaño es enfermedad, es pena de espíritu. Cobardía. Miedo a tomar riesgos. Inseguridad.

Ser tacaño es salir a la calle llevando una regla de dos caras... 

...una, que mide en centímetros lo que recibe; y otra, milimetrada, para calcular lo que está dispuesto a dar a cambio.
En contrapartida tenemos a...
...los generosos.

 Brillan con luz propia. 
Los que aman sin reservas. 
Los que se entregan sin contrapartidas. 
Los que no anteponen condiciones. 
Los que afrontan la vida sin escudo. 
Los que agotan hasta el último suspiro. 
Los que no se guardan nada para más adelante.
...

jueves, 18 de septiembre de 2014

y quien pagará todo esto en el futuro???

"JAMAS, debemos de frustrar las necesidades afectivas... 

...a quién le ha hecho daño un abrazo???
...una mirada cálida???
 ...o una presencia en los momentos de mayor necesidad???
 ¿A quién le hace daño el amor?

Las preguntas, las decisiones, las cosas importantes, nacen, casi siempre, de cosas que te tocan el corazón antes que la cabeza.

Confundimos la frustración de necesidades culturales, de necesidades sociales, de necesidades adultocéntricas, con la frustración de las necesidades afectivas. 
La única frustración saludable, es la que frena el sinsentido del consumismo.
Consumismo de la televisión, de la comida basura, más rápida de pedir y fatal de digerir, que hipoteca el futuro de nuestra salud. 
Consumismo de deporte que nos hace más rápidos, más fuertes, más ágiles; mientras lo zampamos desde nuestros sillones.

De las "cosas que creemos necesarias", y que tenemos infinitamente más, que las suficientes para vivir. 
Del sexo como negocio, mercantilizando personas. 
Del amor como producto de usar y tirar, mercantilizando emociones.
De la crianza que olvida, que los niños de hoy son el futuro del mañana, y prima la satisfacción del deseo de los adultos, frente a la insatisfacción y frustración que les creamos a los niños.

Debemos asumir que la crítica es precisamente la que construye cualquier esfera o escena de nuestra vida cotidiana; que sin ella, caminaríamos ciegos como ahora lo hacemos; pero también sin bastón en el que apoyarnos. Que debemos ser conscientes de la realidad que nos rodea, para cambiar el "sentido común"...

...si no se gana la batalla de crear un nuevo "sentido común", -decía Gramsci- de nada sirve que asaltes el palacio de invierno.

La mercantilización de nuestra vida...
...ha creado que compitamos unos con otros por tener más y ser menos.
...ha creado que en vez de vernos como personas, comencemos a vernos como cosas que competimos por tener más cosas contra otros que también quieren tener esas mismas cosas.

y quien pagará todo esto en el futuro???
Nuestros hijos...
 Sabemos que comprar y comprar, tapona en pequeños y mayores, grandes lagunas y ausencias afectivas. 
Y la sociedad no limita, sino fomenta estas necesidades vacías."