Vistas de página en total

martes, 25 de agosto de 2020

O que non sabías. Elba Pedrosa

 "Todos andamos nesta vida a buscar o amor. Todo é unha procura interminable de amor. Non é máis. O sentido da vida. Máis ninguén quere recoñecer a necesidade insaciable dese contacto uns cos outros. As veces chamámoslle "atención", outras falamos de "afecto" ou "amizade". "Coidados", digo eu. Palabras que non fan máis que chamarlle ao mesmo becho por outros nomes, para facer do amor algo máis pequeno e que non nos dea vergoña. Todos andamos a procura de alguén que aplaque as nosas ansias e desacougos, que nos acoche nos brazos coma nenos. Que nos deixe pasar isto sen tanto tedio."

"Paxaros que andamos á procura de amor e nos atopamos nunha gaiola sen poder voar máis."

"Amor de cantidade para nada."

"Si, a vida vai de bandos, dos malos de dos bos, e de poñer etiquetas xa dende nenos."

"Porque a terra sempre foi para os pobres: En vida, para traballar ata partir o lombo; e a hora da morte, para agocharnos ben profundo."

"Coma se sempre quixese dedicarnos todo tempo de seu, ata perder incluso a súa esencia."

"Só hai algo que non perdoo: Terme deixado levar pola rutina e botar a perder tantos anos a sabendas de que nada ía cambiar... Non era amor, foi miseria de liberdade."

"A vida sorrime logo de tantos anos. Pasou a treboada." Longa noite de pedra afastada, foi moi dura a tormenta, asulagoume, pero agora xa percibo os primeiros raios do novo solpor.

"Deille unha aperta desas que atrapan, desas que trasvasan as enerxías de corpo a corpo."

"Tal vez os homes fuximos das traxedias falando de festa ou mesmo facéndoa."