No 2006, na oposición, pedías dimisiones e responsabilidades, polo aconteciido, en particular, no monte pindo, e en xeral nos montes galegos, que ese verán, ardían e ardían; e saíches alí, facendo a PUTA FOTO DA MANGUERA, e agora, despois de quitar, fai un ano, coa excusa da crise, a única defensa que alí, nas fragas había, un pequeno reten de 4 persoas; SIIII, OS MANDARON PRA CASA.
Fai anos foron uns hilillos, e hoxe, xa estou vendo o baile de cifras, serán uns humillos.
e hoxe que???? pregunto eu, Sr. Feijoo, xa non hai responsabilidade política, hoxe dixeches, que a culpa é dun desalamdo que lle prende fogo e da sequía que nos ven afectando nos últimos meses.
E Ti non tes culpa???
Sabías Feixoo, que nesta fotografía había uns fieitos que levaban habitando eses lares fai xa, millons de anos, SI, MILLONS DE ANOS.
Ti xa non tes a culpa, foi o lume, que é moi rápido; foi un desalmado, que provocou tres focos as tres da tarde do sábado; pero ti, Sr. Feijoo, tes a culpa de que nun dos últimos bosques atlánticos, con especies únicas no mundo, prendese o lume, porque non había "NIN DIOS", para vixíalo, para ver se alguén o quemaba...
Así eran o venres as fragas do eume...
No 2012, o sábado, no ultimo día deste aciago marzo, un veciño ten que avisar a outro e este a outro, ata que avisan o alcalde de A Capela, e este chama a conselleira, que en principio non lle fai nin puto caso...
E logo de deixar pasar unhas preciosas horas, o que para a nosa fraga foi unha eternidade, deciden actuar, sen xeito, porque o lume non entende de formulismo, de burocracias, o lume non entende de tempos, as lapas arrrasan o que atopan o seu paso, mentres os veciños, o caron das motobombas non poden usalas, teñen que esperar os formulismos, as burocracias, a que o político de turno deixe o xantar, para que se digne a deixar utilizalas, e nestes intres, pode ser que 2000 das 9125 hectareas dese bosque único polo, ata agora, estado de conservación, onde a luz chegaba velada entre ás árbores, ese mesmo árbores a maioría deles, centenarios, agora a xunta dime que son moitas menos, coma se pudesemos medir o valor do incalculable.
Eu subía hai vinte anos, na noite, ó mosterio, e xogabábamos o escondite, sempre co respeto ó monte e a terra e ás árbores, acórdome, cando a iso das duas, subíamos a costa que da acceso o mosteiro, e nin a lúa chea chegaba alí, debido a frondosidade daqueles amigos da terra.
e hoxe..
Non sei, non teño case palabras, coma di, Maria Lado nun artículo de opinión, no diario Praza Pública:
"Pero a única verdade é que Galiza arde porque aquí non pasa nada. O único que hai despois do lume é auga, e máis nada. Non hai compensación da catástrofe, non hai responsabilidades nin a quen esixirllas, non hai a quen xulgar nin para a xustiza nin para a sociedade nin para a política, non hai ningunha obriga adquirida coa humanidade. O monte queima e queimou, éche así na terra das meigas: todo ocorre por arte de maxia e tan tranquilos."
Todo necio, - dicía Antonio Machado - confunde valor con precio... cando o valor das fragas Do Eume; para nós, para os galegos e galegas; non tiña precio...
No hay comentarios:
Publicar un comentario